Skip to Content

Leonardízate

LEONARDÍZATE

O proxecto Leonardízate xorde na planificación de curso do equipo da biblioteca, a partir da revisión do noso modelo de traballo realizada no curso previo. Ata este momento na biblioteca realizábanse puntualmente actividades a miúdo vinculados a datas ou efemérides, con certo carácter interdisciplinar, segundo as características da actividade proposta. No curso pasado comezamos a traballar cunha visión máis ampla e integradora, que resultou moi fructífera, polo que se decidiu partir do modelo de traballo por proxectos, tentando incorporar o maior número de departamentos e alumnado, para conseguir unha apredizaxe máis coherente e integrada. Nas reunións de principio de curso pensouse nun fío condutor temático que fose atractivo e que nos permitise esta integración. A proposta da responsable do Club de Ciencia, que forma parte do equipo, escolleuse a figura de Leonardo da Vinci e a súa obra pola evidente multidisciplinaridade que acolle. Un aspecto salientable desta escolla é que foi idónea para traballar de forma non forzada a complementariedade das áreas de ciencias e humanísticas. Este é un aspecto ao que damos especial relevancia no equipo da biblioteca.

A resposta activa do profesorado e os departamentos para xerar propostas vinculadas aos currículos revelou, en seguida, o adecuado da escolla. Os departamentos e profesores que se incorporaron foro os que seguen: Departamento de Música, Javier María López Rodríguez (co grupo de 1º Bach);  Departamento de Relixión, Xoán Carlos García Porral (cos grupos de 1º ESO e 1º Bach); Departamento de Física e Química, Marta Elena Aguirre Fernández (cos grupos de 4º ESO e 1º Bach); Departamento de Matemáticas, Nadiuska Alemparte Vidal (co grupo de 2º ESO); Departamento de Lingua Castelá, María Goretti González López (co grupo de 1º ESO); Departamento de Tecnoloxía, Xurxo Sánchez Arines (co grupo de 2º ESO) e Pablo Eiras Vázquez (cos grupos de 1º e 4º ESO); Departamento de Francés, Marcial Fernández Váquez (co grupo de 1º Bach); Departamento de Plástica, Ana María Vidal Ruiz de Velasco (co grupo de 3º ESO); e Proxecto Competencial, Ángel Luis Pazos Presas (co grupo de 1º ESO).

Tamén se contou coa participación do Club de lectura de ciencia e os participantes no programa Polos Creativos

O equipo da biblioteca levou a cabo a coordinación xunto co Club de Ciencia Colmeiro e a colaboración do equipo de Dinamización Lingüística.

         

Os diferentes obradoiros e actividades organizadas coa temática de Leonardízate tiveron dous momentos moi importantes ao longo do curso, 

A Feira do Libro

   

 

Pequeno resumo das activiades levadas a cabo publicadas na conta de instagram de @cienciacolmeiro

A Feira de Ciencias

 

En relación á Feira de ciencias podes obter máis info na seguinte publicación.

No Blog da Biblioteca blog da bibliotecaestá a información detallada do proxecto (organización, departamentos implicados...) e, na páxina Web Vida no Colmeiro podedes ver máis imaxes sobre as actividades e obradoiros realizados coa temática de Leonardízate.

*No documento adxunto podedes visuallizar a proposta inicial con diversas actividades que se poderían levar a cabo para animar aos docentes a participar neste proxecto.

 Logo

Este proxecto participa no X Concurso de Traballos por Proxectos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.

Licenza e dereitos de uso do material:

Os materiais elaborados pasarán a ser propiedade da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, conservando a autoría dos seus creadores, co fin de servir como exemplo de boas prácticas, para o que deberán ser publicados cunha Licenza Creative Commons CC BY-NC-SA

Permítese o uso non comercial da obra e das posibles obras derivadas, a distribución das cales debe facerse cunha licenza igual á que regula a obra orixinal. 

AdxuntoTamaño
PROXECTO_Leonardizate.pdf227.84 KB


book | by Dr. Radut