Skip to Content

Modificación do calendario escolar 22/23 [ESO]

O día 5 de xaneiro de 2023 publicouse no DOG a Orde do 27 de decembro de 2022. Esta disposición modifica o calendario escolar aprobado no seu día pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades [aquí].

A novidade máis relevante é a seguinte: 

A sesión da terceira avaliación parcial da educación secundaria obrigatoria deberá coincidir coa sesión de avaliación final.

Polo tanto, na ESO non haberá este curso a "avaliación previa á avaliación final" que ía ter lugar a primeiros de xuño. No seu lugar teremos unha terceira avaliación, que coincidirá coa avaliación final programada para o día 22 de xuño de 2023.



story | by Dr. Radut