No Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra do 24 de novembro publícase o anuncio da convocatoria das axudas complementarias dirixidas ás familias que precisan dunha protección especial, así como as que teñan a todos os seus membros en situación de desemprego, para libros de texto e material escolar (curso 2022/2023).
As solicitudes deben facerse de xeito presencial no Rexistro municipal do Concello de Silleda ou a través da sede electrónica do Concello.
Documentación de interese:
- Bases
- Anexo I
- Anexo II
- Anuncio da apertura do prazo para solicitude (do 25/11 ao 09/12 ambos inclusive)
Tal e como se indica nas BASES, estas axudas están destinadas exclusivamente ao alumnado de educación primaria e ESO.