Skip to Content

Vale de 25 € para axuda de material escolar

No Diario Oficial de Galicia do día 14 de outubro de 2022 publicouse a Resolución do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.

Nesta resolución establécese que os beneficiarios do vale para adquirir material escolar por importe de 50€ recibirán un vale adicional de 25€. 

Polo tanto, a partir do 18 de outubro estarán dispoñibles os vales de 25 €, que poderán ser recollidos polo alumnado nas oficinas de Secretaría do centro. 

O órgano administrativo responsable deste trámite lembra que o vale debe empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro de 2022.



story | by Dr. Radut