Relación de vacantes que oferta o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda – Pontevedra) en ESO e bacharelato para o curso 2022/23:
- 1º ESO: 5 prazas (obtivo praza todo o alumnado dos centros adscritos que a solicitou mediante reserva).
- 2º ESO: 27 prazas.
- 3º ESO: 14 prazas.
- 4º ESO: 8 prazas.
- 1º BAC: 21 prazas.
- 2º BAC: 25 prazas.
O prazo de presentación de solicitudes será desde o 1 ata o 21 de marzo.
As solicitudes de admisión de alumnado realizaranse cubrindo un formulario, de xeito manual ou a través da aplicación admisionalumnado:
- Para a opción manual, hai que descargar o modelo ED550B. Fagan clic en calquera destes enlaces para efectuar a descarga: versión en galego / versión en castelán.
- Para a opción telemática, o formulario poderá cubrirse na aplicación admisionalumnado [menú Solicitudes > Admisión > Crear]. No caso de que opte por utilizar a devandita aplicación, teña en conta que cando confirme a solicitude se xerará un informe en pdf.
Para presentar a solicitude poderá:
- Entregar a documentación no centro educativo de primeira elección.
- Presentar en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a sede electrónica, para o que se precisará de Chave365 ou certificado dixital, sendo esta a canle preferible de presentación.
Notas de interese:
- O alumnado que estea matriculado no IES Plurilingüe Pintor Colmeiro neste curso ten garantida a súa permanencia no centro para cursar ensinanzas de ESO ou bacharelato. En consecuencia, non terá que presentar ningunha documentación.
- Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Normativa e documentación de referencia: