Publicada a Resolución do 4 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).
Os prazos de matrícula serán:
- Convocatoria de maio: 7 de marzo ao 17 de marzo de 2022, ambos os dous incluídos.
- Convocatoria de setembro: 1 de xullo ao 8 de xullo de 2022, ambos os dous incluídos.
Publicada a Resolución do 17 de febreiro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 7 e o 16 de marzo de 2022.