Skip to Content

Actividades de fin de trimestre

O día 21 de decembro rematamos o trimestre cun festival de nadal. O evento, que terá lugar no auditorio de Semana Verde, contará coa participación do alumnado e do profesorado do centro e rematará coa actuación de Rodrigo Ramos, antigo alumno do IES Pintor Colmeiro.

A nivel organizativo, manteranse as dúas primeiras sesións lectivas. A partir das 10.20 h comezarán os desprazamentos escalonados ata o auditorio, sempre por grupos e baixo a tutela do profesorado. O festival rematará ás 13.50 h e o alumnado que usa o transporte escolar regresará ao centro.

Agradecemos a colaboración prestada por todas as persoas que, dun ou doutro xeito, participan na organización e no desenvolvemento desta xornada tan especial. Agradecemos tamén a colaboración prestada pola Fundación Semana Verde de Galicia e polo Concello de Silleda.

Aproveitamos para desexarvos unhas felices festas e unha boa entrada no 2022!



story | by Dr. Radut