Skip to Content

Renovación do Consello Escolar. Prazo para a presentación de candidaturas.

O día 4 de novembro tivo lugar a primeira sesión de traballo da Xunta electoral que supervisará o procedemento de renovación do Consello Escolar do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro. As decisións adoptadas foron as seguintes:

  • Publicar os censos electorais, que estarán dispoñibles en Secretaría para a súa revisión por parte dos membros da comunidade educativa.
  • Aprobar o calendario de actuacións.

Lembramos que as  prazas vacantes no Consello Escolar son as seguintes:

  • Representación do persoal non docente: 1
  • Representación do alumnado: 4
  • Representación do profesorado: 5

Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán cumprimentar o modelo correspondente e rexistralo na Secretaría do centro. O prazo para facelo empeza o 9 de novembro e remata ás 13 horas do día 16 dese mesmo mes.

Documentación de interese:



story | by Dr. Radut