Ábrese o prazo de matrícula para asistir ás clases do programa CUALE- Inglés.
Prazo: do 10 ao 16 de setembro (ambos incluídos)
Como podes presentar a documentación de matrícula? Contas con dúas posibilidades:
- Presencial: entregando a folla de solicitude na secretaría do centro.
- Online: enchendo o formulario [Preme aquí]
Adxudicaranse 20 prazas en cada nivel, atendendo a dous criterios:
- Farase por estrita orde de chegada.
- Ten preferencia o alumnado pre-inscrito en xuño. O resto do alumnado obterá praza ata completar as 20 vacantes do seu nivel. Cando haxa máis solicitudes que prazas, abrirase unha listaxe de agarda.
Rematado o prazo de matrícula, publicarase a listaxe de admitidos, o horario de cada grupo e as datas de comezo das clases.