Skip to Content

Calendario de inicio de curso 2021/2022

O Servizo de Inspección enviou instrucións nas que se exixe a incorporación simultánea de todo o alumnado o vindeiro día 15 de setembro. Aínda que entendemos que non é unha medida axeitada na actual situación sanitaria, procedemos a axustar o calendario de comezo do curso de acordo coas indicacións recibidas. En consecuencia, o inicio da actividade lectiva terá lugar o día 15/09/2021 e desenvolverase de acordo a este horario:

  • 8.50 h: inicio da actividade lectiva para o alumnado de ESO e FPB.
  • 13.00: inicio da actividade lectiva para o alumnado das ensinanzas de bacharelato e ciclos formativos. IMPORTANTE: o alumnado de bacharelato e ciclos non accederá ao recinto ata a hora indicada, co fin de non entorpecer o desenvolvemento da primeira xornada lectiva.

O alumnado que nesa data teña cita para a vacinación ou malestar derivado da mesma pode adiar a súa incorporación ao centro, priorizando a súa saúde e a de toda a comunidade educativa.



story | by Dr. Radut