O alumnado que non poida asistir de xeito presencial aos exames de setembro por motivos relacionados coa COVID, deberá comunicalo canto antes enviando ao enderezo electrónico do centro (ies.pintor.colmeiro@edu.xunta.gal) copia da documentación que acredite a circunstancia aludida. Nese correo deberá indicarse o nome e apelidos do alumno/a, curso, grupo e materias das que se ten que examinar, así como un teléfono ou enderezo de correo electrónico no que recibirá as instrucións para realizar as probas extraordinarias.