A Consellería de Cultura, Educación e Universidade publicou a Instrución 3/2021, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión indirecta no curso escolar 2021/2022.
- Que días se ofrece o servizo de comedor no noso centro? Todos os xoves lectivos.
- Quen pode acceder a ese servizo? O alumnado matriculado nun curso da ESO.
- Que trámites deben realizar as familias que desexen facer uso do servizo de comedor? Presentar a autodeclaración ao longo do mes de xullo de 2021 [aquí]. Recomendámoslle a lectura deste documento para aclarar certos aspectos da autodeclaración.
- Que opcións teñen as familias do alumnado da ESO que non faga uso do servizo de comedor? Este alumnado poderá permanecer no centro ou abandonalo durante esta franxa horaria. A opción elixida deberá documentarse nun impreso que deberá achegarse á Secretaría do centro ao longo do mes de xullo de 2021 [aquí].
Os impresos que poñemos a disposición das familias poden presentarse nas oficinas do centro ou telematicamente. No caso de optar pola presentación telemática, o correo electrónico ao que deben dirixirse é o seguinte: matricula@iespintorcolmeiro.org