Martes 22 de xuño
- Remate da actividade lectiva, que se desenvolverá con horario normal.
- Alumnado da ESO: devolución dos libros de texto (só das materias nas que xa estea confirmado o aprobado).
- Remate do prazo de solicitude da participación no fondo solidario de libros de texto.
Mércores 23 de xuño
- 15.00 h: publicación das cualificacións finais na aplicación abalarMóbil.
Xoves 24 de xuño
- 10.00 h: entrega de boletíns. Non hai servizo de autobuses.
- Abre o prazo oficial de reclamación contra as cualificacións finais.
Venres 25 de xuño
- Abre o prazo de matrícula para ESO e bacharelato. Remata o 8 de xullo.
- Abre o prazo de solicitude de admisión para ciclos formativos. Remata o 5 de xullo.
- 14.00 h: remata o prazo de reclamacións.
Luns 28 de xuño
- 12:30 h: entrega das resolucións ás posibles reclamacións. Inicio do período de reclamacións ante a xefatura territorial.