Skip to Content

Admisión a ciclos formativos [2021/2022]

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2021/2022.  

O prazo de presentación de solicitudes nos réximes ordinario e para as persoas adultas comezará o 25 de xuño ás 9 horas e prolongarase ata o 5 de xullo ás 13 horas.

A solicitude deberá realizarse mediante un asistente informático vía web para todos os réximes e graos [ciclosadmision]. 

En canto á oferta de formación profesional para o curso 2021/2022, recomendámoslle que consulte esa información na web institucional web institucional da Consellería. Entre as novidades da oferta do vindeiro curso hai unha que lle afecta ao noso centro, posto que deixa de impartirse o ciclo medio de Condución de actividades físicas e deportivas no medio natural (1.400 horas de formación). No seu lugar implántase o ciclo medio de Guía no medio natural e de tempo libre (2.000 horas). De momento non dispoñemos do currículo deste novo ciclo nin coñecemos a distribución horaria dos seus módulos.

  • Máis información sobre a admisión a ciclos de grao medio [aquí].
  • Máis información sobre a admisión a ciclos de grao superior [aquí].
  • Oferta do réxime ordinario, clasificada por familia profesional e ciclo formativo [aquí]
  • Oferta do réxime ordinario, clasificada provincia e concello [aquí]


story | by Dr. Radut