O alumnado de 2º de bacharelato coñecerá oficialmente os seus resultados académicos o día 18 de maio de 2021 a través de Abalar (hora de publicación: 18.00). As xestións necesarias para formalizar a matrícula na ABAU 2021 terán que resolverse entre o 20 e o 24 de maio. Ofrecémosche unhas indicacións para que todo che resulte máis doado:
1. Pagamento das taxas do título de Bacharelato. Para este trámite utilizarás un documento que estará dispoñible na Secretaría do centro. Dispós dun modelo xa cuberto aquí, que poderás usar como referencia. Despois terás que levalo a unha entidade bancaria e farás o pagamento. A entidade quedará coa copia que lle corresponde, ti con outra e a terceira traerala ao centro. No caso de que teñas dereito a redución por familia numerosa, deberás traer tamén o documento que o acredite.
2. Pagamento das taxas da ABAU. Poderás recoller o documento en Secretaría ou utilizar a versión electrónica [aquí]. O pagamento realizaralo seguindo o procedemento indicado no punto anterior.
3. Impreso de prematrícula na ABAU. Poderás recollelo na Secretaría do centro ou utilizar a versión electrónica [aquí].
4. Entrega no centro dos tres documentos anteriores: a folla das taxas do título, a copia do pagamento das taxas da ABAU e o impreso de prematrícula.
5. O prazo oficial para realizar todas estas xestións rematará o 24 de maio (ás 13.00 h). De todas formas, é moi importante que resolvas o teu trámite antes desta data para evitar os típicos problemas e imprevistos de última hora.
Unha vez confirmada a matrícula, recibirás no teu correo electrónico o código que necesitarás para ter acceso a NERTA, a aplicación informática na que realizarás todas as xestións relacionadas coa ABAU e a solicitude de preinscrición en titulacións con límite de prazas do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
Resumo de ligazóns de interese:
- Espazo web da CIUG
- Instrucións para a matrícula ABAU 2021
- Protocolo ABAU 2021
- Aplicación NERTA
- Impreso de taxas ABAU
- Impreso de prematrícula ABAU
- Exemplo do impreso de pagamento de taxas do título de bacharelato
- Táboa de ponderacións 2021/2022
- Circular 2/2021 da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional