O 15/11/2021 comezamos a realizar o reparto de máscaras de protección ao alumnado da ESO para o curso 2021/22.
Que material se entrega? Un pack de 5 máscaras hixiénicas reutilizables que permiten ata un máximo de 70 lavados. As máscaras están certificadas segundo a especificación UNE 0065:2020.
Que alumnado recibe as máscaras? Segundo a normativa, teñen dereito a recibilas todas as alumnas e alumnos que recibiron a axuda de material escolar da Xunta (o vale de 50 €).
Onde se entregan as máscaras? Nas oficinas de administración do centro.
Quen as recolle? O alumnado. Segundo os protocolos COVID, convén evitar o acceso das familias aos centros agás en casos moi xustificados.