O programa CUALE ten como misión preparar ao alumnado para as probas de certificación de niveis de ensinanzas especializadas de idiomas, en consonancia co MCERL. Supón unha magnífica oportunidade para que as alumnas e alumnos do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro poidan certificar o seu nivel de Inglés.
É unha actividade VOLUNTARIA e GRATUITA, a desenvolver FÓRA DO HORARIO ESCOLAR, unha tarde á semana. Preinscripción ata o 15 de xullo.
- Queres saber máis? Podes consultar o noso tríptico ou revisar esta completísima presentación en genial.ly
- Queres inscribirte? É moi sinxelo. Tan só terás que encher o formulario de inscrición e entregalo no centro ou remitilo a este enderezo electrónico: cuale@iespintorcolmeiro.org