Skip to Content

Admisión a ciclos formativos [2020/2021]

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2020-2021. 

O prazo de presentación de solicitudes nos réximes ordinario e para as persoas adultas –presencial e a distancia– comezará o 25 de xuño ás 9 h. e prolongarase ata o 8 de xullo ás 13 h.

A solicitude deberá realizarse mediante un asistente informático vía web para todos os réximes e graos [ciclosadmision]. Consulte nesta ligazón as instrucións para manexarse nesa aplicación.

Máis información sobre a admisión a ciclos de grao medio [aquí].

Máis información sobre a admisión a ciclos de grao superior [aquí].



story | by Dr. Radut