O alumnado de 2º de bacharelato coñecerá oficialmente os seus resultados académicos o día 8 de xuño [ver calendario]. As xestións necesarias para formalizar a matrícula na ABAU 2020 temos que resolvelas entgre o 10 e o 17 de xuño. Ofrecémosche unhas indicacións para que todo che resulte máis doado:
1. Abono das taxas do título de Bacharelato. Para este trámite hai que utilizar o documento de abono de taxas. Tan só tes que cubrir os teus datos persoais, indicar a contía que che corresponde pagar, poñer a data e asinalo [dispós dun modelo xa cuberto aquí, que podes usar a título orientativo]. Despois lévalo a unha entidade bancaria e fas o pagamento. A entidade quedará coa copia que lle corresponde, ti con outra e a terceira traerala ao centro. No caso de que teñas dereito a redución por familia numerosa, debes traer tamén o documento que o acredite.
2. Abono das taxas da ABAU. Utiliza o documento de abono de taxas [aquí]. Imprime tres copias e segue o mesmo procedemento que co pagamento das taxas do título.
3. Impreso de matrícula na ABAU. É un documento editable, polo que podes cubrilo no ordenador, imprimilo e asinalo [aquí].
4. Entrega no centro dos tres documentos anteriores: a folla das taxas do título, a copia do pagamento das taxas da ABAU e o impreso de matrícula. Podes traer esta documentación presencialmente (nestes momentos atendemos con cita previa) ou escaneala e remitila ao enderezo de correo do centro: ies.pintor.colmeiro@edu.xunta.gal. Esta última vía é a que estamos utilizando preferentemente nestes momentos para atender as xestións administrativas do centro.
5. O prazo oficial para realizar todas estas tarefas remata o 17 de xuño (ás 13.00 h). De todas formas, é moi importante que resolvas o teu trámite antes desta data para evitar os típicos problemas e imprevistos de última hora.
Unha vez confirmada a matrícula, recibirás no teu correo electrónico un "Código de Acceso" necesario para poder realizar na aplicación informática NERTA as solicitudes de revisión e a solicitude de preinscrición en titulacións con límite de prazas do SUG.
Resumo de ligazóns de interese: