Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar [2020/2021]

Publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de  texto e material escolar dirixidas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso  escolar 2020/21.

Prazo para a presentación das solicitudes. Comeza o día 20 de maio e remata o 19 de xuño.

Procedemento para encher a solicitude. Opcións:

  • Facelo na aplicación Fondolibros.
  • Utilizar o formulario [poden descargar aquí unha versión en PDF que se pode cubrir nun ordenador ou nun dispositivo electrónico].

Procedemento para presentar a solicitude. A opción preferente é a presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED330B).  

En anos anteriores, a alternativa á presentación en Sede Electrónica era a presentación en papel. Nas circunstancias actuais, a situación de emerxencia sanitaria aconsella reducir ao mínimo indispensable os desprazamentos ao centro, polo que poñemos á disposición da comunidade educativa a opción de escanear a documentación e enviárnola por correo electrónico (ies.pintor.colmeiro@edu.xunta.gal). Se non dispoñen de escáner, poden utilizar algunha das moitas apps que se utilizan habitualmente nos teléfonos intelixentes e que dan excelentes resultados (CamScanner, Genius Scan...). Deixámoslles unha ligazón na que se poden informar de varias apps gratuitas que serven perfectamente para este propósito. Por suposto, acusaremos recibo de todas as solicitudes que se tramiten a través do correo electrónico para que as persoas que as remiten teñan un resgardo.

De todas formas, nos casos nos que sexa absolutamente imprescindible acudir ao centro educativo, o protocolo de acceso que establecemos nesta etapa é o seguinte:

  • Horario de atención ao público: de 9.30 a 13.00 h
  • Co obxectivo de garantir o distanciamento social, restrinxiremos o acceso ao centro mentres se manteña o estado de alarma. Pregamos concerten cita previa chamando ao número 986580904.
  • Só poderá acceder ao recinto unha persoa por trámite.
  • Na zona de entrega de documentación poñerase a disposición dos usuarios un dispensador de xel hidroalcohólico. O persoal do centro procederá sistematicamente á desinfección da zona de atención ao público. 
  • Prégase que as persoas que accedan ao recinto o fagan provistas de máscara de protección.

Resumo de ligazóns:



story | by Dr. Radut