A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa publicou hoxe na web corporativa da Consellería dúas entradas de grande interese para a comunidade educativa do noso centro:
- Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia [aquí]. A Consellería publicou un documento aclaratorio [aquí].
- Resolución do 28 de abril de 2020, conxunta da Secretaria Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se modifica a Resolución do 26 de febreiro de 2020, conxunta da Secretaria Xeral de Universidades e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a realización, dentro do curso 2019/2020, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para o curso 2020/2021 [aquí].