En primeiro lugar, queremos saudarvos a todos os membros da nosa comunidade educativa. Agardamos que esteades levando o mellor posible esta difícil situación que nos toca vivir.
Como sabedes, estamos á espera de que a Consellería de Educación dite instrucións para o desenvolvemento do último tramo de curso. A propia administración anunciou no portal educativo que tales instrucións serán dadas a coñecer despois da xuntanza da Conferencia Sectorial de Educación, prevista para o vindeiro mércores, 15 de abril.
Daremos conta desta normativa tan pronto se publique.
Lembrade que mantemos abertas as nosas canles de comunicación nestes tempos de confinamento:
- Correo electrónico (opción preferente): ies.pintor.colmeiro@edu.xunta.gal
- Teléfono (entre 10 h e 13 h): 986580904
Unha aperta e coidémonos!