Skip to Content

Certificados B1 e B2 de inglés

Unha vez recibidos os resultados das probas do ISE do Trinity College London para certificar o nivel B1 e B2 do MCER, o IES Pintor Colmeiro e, moi especialmente, o departamento de inglés queren felicitar o seu alumnado polos resultados. Foi unha proba voluntaria na que un alto número de estudantes de 4º ESO e 1º BAC decidiu facer traballo extra tanto na casa coma nos talleres voluntarios das tardes dos luns e dos xoves.

Grazas a todo este alumnado polo seu esforzo; mereceu a pena. Poucos son os que non o conseguiron, mais quedaron moi cerca de lograr o seu certificado. Seguirémolo intentando.

Son momentos difíciles e as boas novas axudan a que este confinamento sexa máis doado de levar.

Parabéns a todos e todas.



story | by Dr. Radut