A Universidade de Santiago achéganos a seguinte comunicación:
A pesar da situación na que todos nos encontramos, a Universidade de Santiago de Compostela (Campus de Lugo e Santiago) non quere deixar de acercarse ó estudantado de secundaria e está organizando os “Encontros Virtuais” orientados á estudantes de secundaria e as súas familias e, por extensión, a toda a sociedade.
Os “Encontros Virtuais” da USC, terán lugar en pleno confinamento a vindeira semana, os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa), a través da Web da USC.
Esta páxina Web estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril, na dirección https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais
Rogámoslle que comunique este enlace dos encontros ó estudantado do seu centro.
A través desta páxina os alumnos e alumnas encontrarán:
- Presentacións das titulacións
- Obradoiros, Retos, etc.
- Opinión de alumnos/as sobre a titulación
- Pílulas relacionadas coa titulación
- Concursos
- Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación
O estudantado terá un enlace para interactuar por VIDEOCONFERENCIA cos/as responsables da titulación para aclarar as súas dúbidas. No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.