O DOG publica na súa edición de hoxe a Orde pola que se convocan axudas de carácter directo ás familias do alumnado beneficiario de bolsas de comedor escolar nos centros públicos non universitarios durante a situación de suspensión do servizo de comedor como consecuencia do COVID-19.
Poderán ser beneficiarias destas compensacións as familias con un ou máis fillas/os escolarizados en centros públicos xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que teñan a condición de comensais gratuítos ou pagadores dun euro con data 31/01/2020.
Os importes diarios das axudas serán de 2,50€ para comensais con gratuidade total e de 1,50€ para comensais que pagan 1€.
As solicitudes deberán tramitalas as familias por vía electrónica no portal da Xunta de Galicia. Estamos a vivir unha situación excepcional, polo que a administración habilitou un procedemento para que os equipos directivos dos centros lles axuden ás familias que non dispoñan de coñecementos ou medios para facer o trámite por vía electrónica. En consecuencia, as familias que queiran xestionar estas axudas a través do centro deberán remitirnos ao correo electrónico a seguinte documentación:
- Fotografía do documento de identidade (NIF, NIE...) dos representantes legais do alumno/a (pai/nai ou ambos, segundo o caso).
- Fotografía do número de conta dos representantes legais. É importante que nesa fotografía figure o nome da persoa titular da conta. Se non fose posible, indíquennos ese dato no corpo do correo.
O prazo límite remata o día 6. Polo tanto, as familias que desexen que sexa o centro quen xestione a súa solicitude teñen como data límite o sábado día 4 para remitirnos a documentación requirida. O correo electrónico do centro é ies.pintor.colmeiro@edu.xunta.gal.
Importante: lembren que non podemos atender presencialmente para cumprir as obrigas do confinamento.