O Concello de Silleda informa da posta en marcha dun servizo gratuito de impresión de tarefas/deberes, que se coordina dende o Concello con traballos que se encargarán en librarías locais, como fórmula tamén para axudar a este sector do comercio local.
Todas as persoas que non teñan Internet ou impresora teñen que chamar ao 986580000 entre as 9 e as 13 horas, ou enviar un mail a info@silleda.gal. A entrega das impresións farase sempre de forma segura, e a domicilio, dende os servizos municipais.
Parabéns pola iniciativa!