Relación de vacantes que oferta o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda – Pontevedra) en ESO e bacharelato para o curso 2020-2021:
- 1º ESO: 12 prazas (obtivo praza todo o alumnado dos centros adscritos que a solicitou)
- 2º ESO: 2 prazas
- 3º ESO: 4 prazas
- 4º ESO: 4 prazas
- 1º BAC: 5 prazas
- 2º BAC: 42 prazas
Segundo as instrucións que deu a coñecer a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, as solicitudes de admisión de alumnado realizaranse segundo o modelo ED550B [versión en galego / versión en castelán]. O formulario poderá cumprimentarse na aplicación admisionalumnado, ou ser descargado e cumprimentado de forma manual polas familias. No caso de que opte por utilizar a devandita aplicación, teña en conta que cando confirme a solicitude se xerará un informe en pdf. Para presentar a solicitude poderá:
- Acudir co informe xerado á través da aplicación ao centro educativo de primeira elección.
- Presentar en Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
O prazo oficial para a presentación de solicitudes de admisión esténdese do 1 ao 20 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos. Dado que o 20 de marzo é día non lectivo no noso centro, prorrógase a entrega de solicitudes ata as 13.00 horas do 23 dese mesmo mes. De todas formas, cómpre ter en conta que a partir do día 20 de marzo a Sede Electrónica non admitirá a presentación de solicitudes para este procedemento. Máis información no portal web da Consellería.
Notas de interese:
- O alumnado que estea matriculado no IES Pintor Colmeiro neste curso ten garantida a súa permanencia no centro para cursar ensinanzas de ESO ou bacharelato. En consecuencia, non terá que presentar ningunha documentación.
- Cada alumna/o só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.
- O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.
- O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.