O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro informa de que o centro ten a intención de pedir a súa inclusión no STEMBach (Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía) para comezar o vindeiro curso. Esta modalidade pretende promover as vocacións científicas do noso alumnado, o traballo cooperativo e o acceso aos coñecementos científicos. Este novo bacharelato inclúe as seguintes novidades:
- O alumando que se incorpore ao programa pode cursar calquera modalidade (Ciencias, Humanidades e Ciencias Socias ou Artes) e contará cunha materia STEM extracurricular, de 2 horas semanais. Esta materia desenvolverase fóra do horario lectivo habitual (probablemente os luns pola tarde), tanto en 1º como en 2º de Bacharelato.
- Realizarase un traballo de investigación conxuntamente cun profesor universitario. Este traballo ten que ser presentado polo alumnado diante dun tribunal antes do 1 de maio do ano no que se curse 2º de Bacharelato, é dicir, neste caso en 2022.
- Realizaranse actividades de formación e asistirase a conferencias tanto na universidade como no centro educativo fóra do horario lectivo (12h no primeiro curso e 8h no segundo).
- O alumnado que supere o bacharelato recibirá unha credencial específica indicando os estudos correspondentes a este programa.
Pódese obter máis información no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/27959
Esta modalidade xa conta con 31 centros en Galicia (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/28990) pero, para levar a cabo este proxecto, precísase un número mínimo de alumnado interesado. Se estás interesado/a podes informarte no instituto preguntando por algún membro do equipo STEM en dirección.