Skip to Content

Matrícula en ciclos formativos con prazas vacantes

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 17 ás 9:00 horas ata o día 23 de xullo ás 13:00 horas. Entre os ciclos liberados figura o Ciclo superior de Xestión de vendas e espazos comerciais que se imparte no noso centro.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Consulte esta ligazón para acceder á información oficial que publica a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.



story | by Dr. Radut