Skip to Content

Matrícula web nos ciclos formativos

No proceso de admisión existe a posibilidade de que o alumnado realice a reserva de matrícula vía web. Será posible no réxime ordinario e na modalidade a distancia do réxime para as persoas adultas. No réxime para as persoas adultas en modalidade presencial será posible, como noutros anos, a reserva de matrícula vía web, pero finalmente será necesario confirmar a matrícula de xeito presencial debido á necesidade de verificar a compatibilidade horaria no momento da matrícula.

Como o pago do seguro escolar é obrigatorio para o alumnado menor de 28 anos, o sistema informará ao alumnado da necesidade de efectuar este pago e do medio polo que o poden realizar (nome da entidade bancaria e do número de conta do centro no que se matriculan).

O alumnado que realice a solicitude de matrícula en liña recibirá a seguinte información:

Este documento é un resgardo da solicitude de matrícula na praza adxudicada, a todos os efectos ten consideración de matrícula definitiva na praza e polo tanto pon fin á súa participación no proceso de admisión a ciclos formativos de formación profesional para todos os réximes e modalidades.

O caracter definitivo da matrícula queda condicionado a:

  • Que exista un número mínimo de solicitudes de matrícula admitidas segundo o establecido na normativa vixente.
  • Que se entregue a documentación que solicite o centro no caso de precisar calquera comprobación documental dos requisitos de acceso a ciclos ou dos datos de identidade.
  • Que se presente o resgardo de abono do seguro escolar (ou ser unha persoa excluída do seu pago) cando o solicite o centro ou, en todo caso, no inicio do curso escolar.

Máis información neste documento da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.



story | by Dr. Radut