Skip to Content

Admisión a ciclos formativos medios e superiores [2019-20]

I. Alumnado de 1º curso (incluído o alumnado que repite)

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos.

O prazo para a presentación das solicitudes de admisión esténdese desde o 24 de xuño ata o 2 de xullo ás 13 horas [ver calendario do proceso].

II. Alumnado que pasa de 1º a 2º curso ou que repite 2º curso 

Neste apartado incluímos o alumnado que estea en calquera destas situacións:

  • Alumnado de 1º do ciclo medio de condución de actividades físicas e deportivas no medio natural que aproba todos os módulos e que desexa cursar a FCT no 2019/20.
  • Alumnado de 1º do ciclo medio de condución de actividades físicas e deportivas no medio natural que promociona a 2º curso con módulos pendentes que non suman máis de 300 horas.
  • Alumnado de 1º do ciclo superior de xestión de vendas e espazos comerciais que supera todos os módulos ou que promociona a 2º curso con módulos pendentes que non superan as 300 horas.
  • Alumnado de 2º que repite ou que ten pendentes os módulos de FCT e/ou proxecto.

Este alumnado presentará o Anexo I. A presentación desta solicitude deberá realizarse entre o 24 de xuño e o 2 de xullo e xa terá validez como matrícula.

III. Alumnado repetidor

Consonte o artigo 4.3 da Orde do 12 de xullo de 2011, o alumnado terá dereito a repetir con praza reservada por unha vez no mesmo centro no ano seguinte.

IV. Máis información

  • Normativa reguladora do proceso de admisión [aquí] 
  • Web da área de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria [aquí]
  • Instrucións sobre como realizar a solicitude web [aquí]
  • Instrucións xerais do proceso de admisión [aquí]
  • Oferta de ciclos formativos 2019/20 [aquí]
  • Folletos informativos das familias dos ciclos que se ofrecen no centro: Comercio e márketing [aquí] e Actividades físicas e deportivas [aquí]

 



story | by Dr. Radut