Skip to Content

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras [listaxes]

En cumprimento do disposto no artigo 17.1 da Orde do 4 de febreiro de 2019 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 20/02/2019), publícanse as seguintes listaxes:

  • Solicitudes coa documentación correcta -Anexo l.
  • Solicitudes que precisan da emenda dalgún aspecto -Anexo II.
  • Solicitudes excluídas -Anexo III:
    • a. Fóra de prazo.
    • b. Non cumprir algún dos requisitos establecidos no artigo 3º da Orde de convocatoria.

Estas listaxes poderán ser consultadas na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle. Así mesmo, as especificacións referidas ás emendas (Anexo II) e ás exclusións (Anexo III.b) consultaranse a través da opción "3.Estado solicitude" do menú establecido nesta páxina web.

Ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar os erros e a falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

AdxuntoTamaño
anexoI_validadas_2019.pdf1.01 MB
anexoII_incorrectas_2019.pdf769.88 KB
AnexoIIIa_foraprazo_2019.pdf658.41 KB
AnexoIIIb_descartadas_2019.pdf677.95 KB


story | by Dr. Radut