Skip to Content

Solicitudes de admisión presentadas fóra de prazo [ESO e bacharelato]

O servizo de inspección educativa vén de remitir instrucións para a tramitación das solicitudes de admisión de ESO e bacharelato presentadas fóra de prazo (entre o 21/03/2019 e o 10/07/2019). O procedemento que se seguirá será o seguinte:

1. As solicitudes presentaranse utilizando o modelo oficial [aquí].

2. As/os solicitantes deberán achegar o certificado de empadroamento familiar, a copia do documento que acredite a idade do alumno/a e unha certificación de matrícula que acredite os estudos que cursa no 2018/19.

3. Os centros rexistrarán as solicitudes, con indicación de data e hora, e remitiranas ao servizo de inspección, que é o órgano que as atenderá.



story | by Dr. Radut