Skip to Content

Campus Científicos de Verán

A Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía e o Ministerio de Educación e Formación Profesional convocan unha nova edición dos Campus Científicos de Verán.

Os beneficiarios dunha praza no Campus Científico de Verán poden gozar de 7 días de contacto coa investigación científica mediante a súa participación activa en proxectos de enfoque científico deseñados especialmente por profesorado universitario e de secundaria. Cada un dos beneficiarios participará nun proxecto que se levará a cabo en laboratorios e departamentos universitarios coa distinción de Campus de Excelencia Rexional ou Internacional. En cada proxecto haberá un total de 7-8 participantes.

O Campus terá lugar do 30 de xuño ao 27 de xullo de 2019, en catro xornadas de 7 días cada un, desde o domingo pola tarde ata o sábado ao mediodía, segundo o seguinte calendario:

  • Primeira quenda: estudantes do 1º de Bacharelato. Do 30 de xuño ao 6 de xullo.
  • Segunda quenda: estudantes de 1º de Bacharelato. Do 7 ao 13 de xullo
  • Terceira quenda: estudantes de 4º de ESO. Do 14 ao 20 de xullo
  • Cuarta quenda: estudantes de 4º de ESO. Do 21 ao 27 de xullo


story | by Dr. Radut