Skip to Content

Vixésimo aniversario

O 18 de febreiro de 1999 tivo lugar a inauguración oficial do IES de Silleda. Pasaron vinte anos e o noso centro cambiou a súa denominación e ampliou a oferta educativa, pero mantén vixente a divisa que Enrique Escribano, o seu primeiro director, anunciou no acto inaugural coas seguintes palabras: "Este centro é un organismo transmisor de cultura ao servizo do pobo, polo que está aberto a todas as iniciativas e suxestións para acadar ese obxectivo".

O vindeiro día 1 de marzo imos celebrar o noso vixésimo aniversario cun acto aberto a toda a comunidade. Convidamos, por tanto, a todo o alumnado que pasou polo centro -case 3000- e ás súas familias, ao profesorado e persoal non docente -mais de 400-, e ás persoas, entidades e institucións que axudaron a que o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro botase a andar e se teña consolidado ao longo destas dúas décadas.

O acto terá lugar o día 1 de marzo no Auditorio da Fundación Semana Verde e desenvolverase entre as 12:30 h e as 14:30 h.



story | by Dr. Radut