Skip to Content

Renovación do Consello Escolar. Prazo para a presentación de candidaturas

O día 5 de novembro tivo lugar a primeira sesión de traballo da Xunta Electoral que supervisará o procedemento de renovación do Consello Escolar do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro. Este órgano colexiado foi constituído coa seguinte composición: 

  • Xesús Fernández Sulleiro (director), que actuará como presidente.
  • Ana María Díaz Faraldo (docente), que actuará como  secretaria.
  • Agar Suárez Barrio (nai), vogal.
  • Pablo Mosquera González (alumno), vogal.
  • Manuel Vázquez Negro (non docente), vogal.

As decisións adoptadas foron as seguintes:

  • Publicar os censos electorais, que estarán dispoñibles en Secretaría para a súa revisión por parte dos membros da comunidade educativa ata o día 16 de novembro.
  • Ratificar o calendario de actuacións aprobado polo Consello Escolar do centro.
  • Aprobar os modelos oficiais de presentación de candidatura (ver documentos adxuntos).

Lembramos que as  prazas vacantes no Consello Escolar son as seguintes:

  • Representación do profesorado: 5
  • Representación dos pais/nais: 3
  • Representación do alumnado: 3

Aquelas persoas que desexen presentar a súa candidatura deberán utilizar o modelo oficial e rexistralo na Secretaría do centro. O prazo para facelo empeza o 6 de novembro e remata ás 13 horas do día 16 dese mesmo mes.

 

AdxuntoTamaño
Candidatura alumnado.pdf123.77 KB
Candidatura nais-pais.pdf123.92 KB
Candidatura profesorado.pdf123.88 KB


story | by Dr. Radut