Skip to Content

Renovación do Consello Escolar

A Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, dispón que os centros docentes sostidos con fondos públicos establezan o calendario para a renovación das vacantes dos seus consellos escolares.

As prazas que cómpre renovar nesta convocatoria son as seguintes:

-5 representantes do profesorado.
-3 representantes de nais/pais.
-3 representante do alumnado.

Na sesión ordinaria do Consello Escolar do 25/10/2018 aprobouse o calendario do proceso electoral, que se inicia co sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral, un órgano que está integrado polo director do centro, un docente, un pai/nai/titor legal, un representante do persoal non docente e un alumno ou alumna. Este sorteo terá lugar no despacho de Dirección ás 12:30 horas do 29 de outubro de 2018.



story | by Dr. Radut