O 17 de agosto abre o prazo de solicitude de bolsas para o alumnado que curse estudos postobrigatorios no ano académico 2018-2019 (bacharelato, ciclos formativos e FP básica).
As solicitudes deben formalizarse na sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, entrando na opción "Trámites y servicios".
O período de solicitude remata o 1 de outubro de 2018. Nesta ligazón podes consultar o texto íntegro da convocatoria.
Máis información no portal de bolsas do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.