Skip to Content

Admisión a ciclos formativos medios e superiores [2018-19]

I. Alumnado de 1º curso (incluído o alumnado que repite)

A solicitude deberá realizarse mediante o asistente informático vía web para todos os réximes e graos, agás para o segundo curso do réxime ordinario.

Logo de realizada a solicitude web, a aplicación informática xera un impreso con instrucións individualizadas para cada solicitante. O impreso xerado pola aplicación informática indica a documentación que cómpre achegar. Esta documentación cos impresos xerados deberá ser entregada, en prazo, en calquera centro público de Galicia con oferta de ciclos formativos de formación profesional. Este documento será validado polo centro e unha das copias será selada e entregada á persoa solicitante. Sen estes requisitos, a solicitude carece de validez e non será tida en conta no proceso de admisión.

No caso de que o impreso xerado pola aplicación informática indique que se trata dun documento xa validado e que non é necesario entregalo nun centro, non será preciso máis trámite, pero o documento impreso deberase conservar como resgardo da solicitude de admisión.

O prazo para a presentación das solicitudes de admisión esténdese desde o 25 de xuño ata o 3 de xullo ás 13 horas [ver calendario completo do proceso].

II. Alumnado que pasa de 1º a 2º curso ou que repite 2º curso 

Neste apartado incluímos o alumnado que estea en calquera destas situacións:

  • Alumnado de 1º do ciclo medio de condución de actividades físicas e deportivas no medio natural que aproba todos os módulos e que desexa cursar a FCT no 2018/19.
  • Alumnado de 1º do ciclo medio de condución de actividades físicas e deportivas no medio natural que promociona a 2º curso con módulos pendentes que non suman máis de 300 horas.
  • Alumnado de 1º do ciclo superior de xestión de vendas e espazos comerciais que supera todos os módulos ou que promociona a 2º curso con módulos pendentes que non superan as 300 horas.
  • Alumnado de 2º que repite ou que ten pendentes os módulos de FCT e/ou proxecto.

Este alumnado presentará o Anexo I. A presentación desta solicitude deberá realizarse entre o 25 de xuño e o 3 de xullo e xa terá validez como matrícula.

III. Alumnado repetidor

Consonte o artigo 4.3 da Orde do 12 de xullo de 2011, o alumnado terá dereito a repetir con praza reservada por unha vez no mesmo centro no ano seguinte.

IV. Máis información

  • Normativa reguladora do proceso de admisión [aquí] 
  • Web da área de Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación e Orientación Universitaria [aquí]
  • Instrucións sobre como realizar a solicitude web [aquí]
  • Instrucións xerais do proceso de admisión [aquí]
  • Oferta de ciclos formativos 2018/19 [aquí]
  • Folletos informativos das familias dos ciclos que se ofrecen no centro: Comercio e márketing [aquí] e Actividades físicas e deportivas [aquí]


story | by Dr. Radut