Skip to Content

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar [2018/19]

No DOG do día 21 de maio de 2018 publícase a ORDE do 9 de maio de 2018 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2018/19.

O prazo para a presentación das solicitudes e da documentación complementaria comeza o 22 de maio e remata o 22 de xuño, ambos inclusive.

As solicitudes poderán cubrirse na aplicación informática fondolibros.

O código do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro é o 36020350. Téñao en conta cando cubra a súa solicitude.

  • Orde da convocatoria [aquí]
  • Información na web da Consellería [aquí]
  • Resumo da convocatoria [aquí]
  • Modelo de solicitude (Anexos I e II) [aquí]


story | by Dr. Radut