O día 3 de marzo tivo lugar en Culleredo a xornada clasificatoria do Parlamento Xove para a categoría de bacharelato. O noso centro participou nesta fase do certame cun equipo que regresou con pleno de victorias e coa esperanza de repetir éxito na fase final.
María Luísa Díaz, a profesora que coordina a actividade, achéganos unha crónica desa brillante fin de semana.
O alumnado de 1º de bacharelato do IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, Alba Lugo, Soraya Fraga, Barca Pérez e Andrés Novo disfrutaron esta fin de semana dun debate no Parlamento Xove en Coruña. Compartiron mesa de debate con compañeiros e compañeiras doutros 14 institutos de Galicia, sumando un total de 19 equipos. Ó longo do sábado , botando man da súa labia natural e das súas ferramentas dialécticas convenceron ó xurado e ó público que os seus discursos tiñan máis e mellores fundamentos. Con argumentos firmes e refutacións áxiles gañaron os tres debates, pasando asi á final que terá lugar no Parlamento en Santiago ó próximo 4 de maio.
Creo que o sentimento en común cando acabou a xornada foi de pura satisfacción. A parte de ser unha experiencia sumamente enriquecedora e na cal experimentamos unha aprendizaxe tremenda, tamén nos sentimos moi orgullosos polo noso traballo previo e polos frutos que este deu. Ademais, descubrimos o ben que traballamos en equipo, complementándonos mutuamente cos nosos puntos fortes e respaldándonos nos débiles.
Sen dúbida, foi toda unha honra poder asistir e recibir todos os consellos que nos deron as persoas entendidas na materia.