Skip to Content

Solicitudes de admisión para ESO e bacharelato [2018/19]

Relación de vacantes que oferta o IES Plurilingüe Pintor Colmeiro (Silleda – Pontevedra) en ESO e bacharelato para o curso 2018-2019:

  • 1º ESO: 19 prazas (obtivo praza todo o alumnado dos centros adscritos que a solicitou)
  • 2º ESO: 5 prazas 
  • 3º ESO: 23 prazas 
  • 4º ESO: 14 prazas 
  • 1º BAC: 24 prazas 
  • 2º BAC: 27 prazas 

O prazo para a presentación de solicitudes de admisión estará aberto entre o 1 e o 20 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Notas de interese:

1. O alumnado que estea matriculado no IES Pintor Colmeiro neste curso ten garantida a súa permanencia no centro para cursar ensinanzas de ESO ou bacharelato. En consecuencia, non terá que presentar ningunha documentación.

2. Cada alumna e alumno só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

3. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

4. O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

Máis información (acceso á normativa e aos formularios) nesta ligazón.



story | by Dr. Radut