Skip to Content

Actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado de ESO e bacharelato

Publicouse a Orde do 22 de xaneiro de 2018 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018.

O prazo para a presentación de solicitudes permanecerá aberto entre o 8 de febreiro e o 7 de marzo, ambos incluídos.

A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.



story | by Dr. Radut