O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro conseguiu o segundo premio da área científica no certame Stephen Hawking, un concurso organizado polo IES Rosalía de Castro (Santiago de Compostela).
O traballo premiado leva por título Estudo da dieta da coruxa común no interior de Galicia. O noso centro tamén competía con outra proposta, neste caso unha análise sobre algunos parámetros físico-químicos das fontes da comarca do Deza, que obtivo un accésit.
Dentro do apartado non artísitico, o centro recibiu unha mención honorífica por un traballo audiovisual sobre Manuel Colmeiro como pintor da natureza galega.