Skip to Content

IES Pintor Colmeiro, 1º Premio de Educación en Valores

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro obtivo o máximo galardón na primeira edición dos Premios da Xuventude da Deputación de Pontevedra (sección Educación en Valores), grazas a un traballo que se desenvolveu durante o curso 2016/2017 e que se presentou ao certame baixo o título Promovendo a educación en valores para a mocidade de Silleda.

Noraboa a todas as persoas que colaboraron neste proxecto!



story | by Dr. Radut