Skip to Content

Formación Profesional Básica [2017/18]

O IES Plurilingüe Pintor Colmeiro ofrece o ciclo básico de Servizos Comerciais, correspondente á oferta de formación profesional básica (FBP).

O número de prazas dispoñibles é de vinte, das que dúas se reservan para alumnado con discapacidade recoñecida.

A solicitude de admisión (ANEXO I) presentarase no centro de preferencia do 1 ata as 13.00 horas do día 12 de setembro. Neste mesmo prazo deberá ser entregado no centro educativo o documento de consentimento de incorporación á formación profesional básica, a que se fai referencia no artigo 11, alínea 1.d), da Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia,así como o acceso e a admisión a estas ensinanzas. De non entregaren este documento neste prazo, entenderase que os/as titulares da patria potestade ou representantes legais do alumnado non dan o consentimento de incorporación á formación profesional básica. Acompañarase do Anexo A.

A solicitude de admisión é única, gratuíta e non pode estar corrixida ou emendada no momento da súa presentación. A presentación dunha nova solicitude nun mesmo centro, a fin de modificar a anterior, anula a primeira.

Normativa de referencia:

Orde do 13 de xullo de 2015 pola que se regulan as ensinanzas de formación profesional básica na Comunidade Autónoma de Galicia, así como o acceso e a admisión nestas ensinanzas.

 



story | by Dr. Radut