Skip to Content

Folga do transporte para os días 20 e 21 de xuño

No DOG do 19 de xuño publícase a Orde do 16 de xuño de 2017, pola que se establecen os servizos mínimos durante a folga convocada no sector do transporte e que afectará os martes e mércores de cada semana ata a solución do conflito.

Respecto do que lles que afecta aos centros educativos, no apartado b), que alude a Servizos regulares de uso especial para transporte de escolares, dise literamente:

Manteranse como esenciais os servizos de entrada aos centros desde ás 7:30 ata as 10:30 horas e os da saída desde as 13:30 ás 19:00 horas nos itinerarios de transporte escolar de estudantes de niveis de ensino obrigatorio, cuxa lonxitude total sexa superior a 4 km. 



story | by Dr. Radut