Ante as dificultades manifestadas polo profesorado para realizar as avaliacións na data prevista, tómase a decisión de aprazar as de ESO e bacharelato para a primeira semana de abril, días 4 e 5. Mantéñense as de ciclos, debido aos prazos de inicio do módulo de formación en centros de traballo (FCT).
As actividades lectivas da tarde do 22 de marzo quedan suspendidas a consecuencia da alerta meteorolóxica.