Skip to Content

Dúas alumnas do noso centro gañan o primeiro premio da Olimpíada de Filosofía

 
Barca Pérez Fernández e Aroa Lázara Romero, alumnas de filosofía de 4º de ESO, impuxéronse a outros tres finalistas na IV edición da Olimpíada de Filosofía galega. En total participaron 31 centros escolares da comunidade autónoma, que competiron ao longo deste venres na fase final, defendendo os seus traballos na facultade de filosofía de Santiago de Compostela. O traballo gañador pode verse nesta ligazón.
 
Os/as gañadores/as das catro categorías, (disertación, dilema moral, fotografía e curta de vídeo) viaxarán dentro duns meses a Murcia para competir na fase estatal.
 
É o terceiro galardón que recolle o Pintor Colmeiro nesta competición, onde xa gañou anteriormente nas modalidade de fotografía e curta de vídeo.
 
Outro alumno do centro, MIguel García Morcuende, obtivo unha mención como autor dunha fotografía elixida entre os vinte mellores traballos desa modalidade


story | by Dr. Radut