Skip to Content

O programa TEI está en marcha

No mes de xaneiro iniciamos o programa de Titoría entre Iguais (TEI). Nesa sesión, o alumnado de 3º de ESO recibiu o carné de titor/a TEI e coñeceu ao/s seu/s titorando/s.  

O día 23 de febreiro, xoves, o alumnado de 1º e 3º de ESO que participou no programa TEI gozou dunha xincana que incluía 20 probas, entre elas: pasar unha ponte himalaia, carreira de sacos, bottleflip, penalti mareado, water pon, acrosport… Poucos/as conseguiron superalas na súa totalidade pero pasárono moi ben!

No vídeo podes ver un breve resumo do acontecido en ambas sesións.



story | by Dr. Radut